Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.888

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (654/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social, número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 654/2001, por instancia de Rafael Martínez González contra INSS e outra sobre incapacidade, nos que recaeu sentencia en data 31-1-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Rafael Martínez González, declaro o seu dereito á prestación de incapacidade temporal, condenando o demandado Instituto Nacional da Seguridade Social ó seu aboamento na contía e efectos regulamentarios, por conta exclusiva do citado organismo e sen prexuízo da fixación da base reguladora que corresponda. Condeno a empresa demandada Cruz María Barrientos Conde a estar e pasar pola presente declaración.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Cruz María Barrientos Conde, expido e asino esta cédula na Coruña o 31 de xaneiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado