Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.888

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DE LUGO

CÉDULA de citación (648/2001).

Eu, Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número tres dos de Lugo, certifico

e fago saber que nos autos número 648/2001, seguidos ante o Xulgado do Social número tres de Lugo, por instancia de Jesús Carricoba Mera, contra o INSS e Tesourería e a empresa Galiacagos, S.L., en ignorado paradoiro, sobre base reguladora de invalidez; acordouse, por esta resolución dictada no día da data, sinalar para a realización dos actos de conciliación e xuízo o vindeiro día 26 de febreiro ás 9.50 horas, que terá lugar na sala de audiencias deste xulgado (edificio novo dos xulgados; rúa Armando Durán, nº 1 de Lugo).

E para que lles sirva de citación ós demandados en ignorado paradoiro -de conformidade co establecido no artigo 59 da LPL- coa advertencia de que os autos están á súa disposición na secretaría deste xulgado e de que, de non comparecer no día e hora sinalados, continuará o xuízo o seu curso sen necesidade de declaración de rebeldía, realizando as seguintes notificacións en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto, sentencia ou se trate de emprazamento. Para que así conste para os fins acordados e a inserción deste no de anuncios do xulgado e publicación no boletín oficial que corresponda ó último domicilio do demandado, expido e asino esta cédula de citación en Lugo o un de febreiro de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado