Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.889

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 15 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/462-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Engasa.

Domicilio social: rúa Londres, 11 B baixo, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación: recuamento L.M.T. na estrada N-PO-254, en Queidores-Bugarín.

Situación: concello de Ponteareas.

Descricións técnicas: recuamento torre metálica da liña eléctrica que vai desde a central do río Tea

ata San Roque, en Ponteareas, co motivo das obras na estrada PO-254 Ponteareas-Mondariz, en Queidores-Bugarín, no concello de Ponteareas, entre o km 0-360 e o km 0-540.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 15 de xaneiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra