Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.889

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 21 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN661A 12/2000).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 136), sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Endesa Cogeneración y Renovables, S.A.

Enderezo: r/ Castiñeiriño, 12.3º, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación: Parque Eólico Malpica.

Concellos afectados: Malpica de Bergantiños (A Coruña).

Coordenadas:

V: (X= 514.030; Y= 4.798.158)

V: (X= 516.400; Y= 4.795.450)

V: (X= 515.800; Y= 4.794.000)

V: (X= 512.950; Y= 4.796.700)

Potencia que se vai instalar: 14,52 MW.

Durante o prazo de vinte días poderanse presentar solicitudes en competencia axustadas a disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995 da Xunta de Galicia.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña