Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 28 de febreiro de 2002 Páx. 2.848

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NOIA

EDICTO (62/2001).

María Elena Sánchez Ranz, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Noia e o seu partido, fai saber que nos autos que a continuación se dirán, consta dictada sentencia que ten como encabezamento e decisión o teor literal seguinte:

Sentencia.

En Noia, dez de decembro de dous mil un.

Vistos os anteriores autos por Pura Caaveiro Ameneiro, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Noia e o seu partido, os anteriores autos de xuízo de separación contenciosa seguidos baixo o número 62/2001, por instancia de Ana Herrera Rojo, representada polo procurador Francisco José Gómez Castro, asistido da letrada Pilar Rodríguez Froján, contra Juan Carlos Martínez Pouso, declarado na situación procesual de rebeldía neste procedemento, sendo parte del o Ministerio Fiscal e concorrendo os seguintes,

Decisión.

Que estimando parcialmente a demanda de separación formulada polo procurador Francisco José Gómez Castro, en nome e representación de Ana Herrero Rojo, contra Juan Carlos Martínez Pouso, debo declarar e declaro a separación matrimonial de ámbolos dous cónxuxes, con tódolos efectos legais inherentes a esta, acordando as seguintes medidas:

1ª. Decrétase a disolución do réxime económico matrimonial, a liquidación dos cales poderá instarse de conformidade co establecido no artigo 810 da LACn.

2ª. Atribuí-la garda e custodia da filla menor do matrimonio á nai, correspondéndolle igualmente á nai o exercicio unilateral das restantes funcións inherentes á patria potestade, en tanto en canto non cese a causa que motiva a suspensión do seu exercicio para o pai.

3ª. Ningún pronunciamento debe facerse respecto á atribución do domicilio familiar, debendo atribuírse á esposa e a filla menor o uso do enxoval familiar se existe.

4ª. Deixar en suspenso a fixación dun réxime de visitas, comunicación e estadías do pai coa súa filla menor Ainoa, sen prexuízo de que se resultase procedente poida acordarse en sede de execución, sempre e cando non concorran circunstancias que aconsellen a privación deste dereito ó proxenitor non convivente.

5ª. Establécese pensión alimenticia a favor da filla menor Ainoa na procentaxe mensual do 30% dos

ingresos netos que por calquera concepto perciba o pai Juan Carlos Martínez Pouso e que así resulten acreditados. A dita contribución económica deberá ser ingresada nos cinco primeiros días de cada mes na conta bancaria que Ana Herrero Rojo designe, sen que sexa admisible ningunha outra forma de pagamento. A dita contía deberá ser actualizada, sen necesidade de previo requirimento, polo obrigado ó pagamento conforme a variación que experimento o IPC correspondente.

6ª. Non se recoñece o dereito a pensión compensatoria a favor da esposa Ana Herrero Rojo.

E todo iso sen que proceda realizar pronunciamento sobre custas.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación perante este mesmo xulgado dentro dos cinco días seguintes á súa notificación que se tramitará de acordo cos artigos 455 e seguintes da LACn.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará testemuño ós autos da súa razón, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Expídese o presente edicto para que sirva de notificación en legal forma ó demandado Juan Carlos Martínez Pouso, declarado en rebeldía e en ignorado paradoiro.

Dado en Noia, dez de decembro de dous mil un.

A secretaria

Rubricado