Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 28 de febreiro de 2002 Páx. 2.848

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (497/1996).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 497/1996 por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra INSS e outras sobre accidente, nos que recaeu sentencia en data 25-1-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que sen aprecia-la excepción de cousa xulgada, desestimo a demanda formulada por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e absolvo as demandadas, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesourería Xeral da Seguridade Social e empresa Marítimo Vasco-Galega, S.A.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso

de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, sala do social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do xocial, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Marítimo Vasco-Galega, S.A., expido e asino esta cédula na Coruña o 25 de xaneiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado