Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 28 de febreiro de 2002 Páx. 2.849

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (715/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social, número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 715/2001 seguidos por instancia de Dorinda Villaverde Fernández contra Confecciones Rial, S.L. e Confecciones Fada, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 28-1-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que estimando a demanda formulada por Dorinda Villaverde Fernández, contra as empresas Confecciones Rial, S.L. e Confecciones Fada, S.L. condeno a estas solidariamente a aboarlle a cantidade de 2.484,40 euros, que lle deben en concepto de salarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe intepoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do xocial, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada de que para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 715-2001 do BBVA desta cidade, denominada «Conta do Xulgado do Social número tres» o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, pare efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Confecciones Rical, S.L. e Confecciones Fada, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 28 de xaneiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado