Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 28 de febreiro de 2002 Páx. 2.849

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (883/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 883/2001, seguidos por instancia de Ana Berta Suárez Pérez contra, a empresa Aquilino Naveira Muíño sobre despedimento nos que recaeu sentencia en data 29-1-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que estimando a demanda formulada por Ana Berta Suárez Pérez, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Aquilino Naveira Muíño, a que á súa elección, que ha de efectuar no prazo de cinco días, a readmita no seu posto e condicións de traballo ou a indemnice coa cantidade de 50.248,78 euros, con aboamento en todo caso dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación desta sentencia e que ata a data ascenden á cantidade de 3.509,19 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada de que, para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 883-2001 do BBVA desta cidade, denominada «Conta do Xulgado do Social número tres» o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así mesmo, advírtese á parte demandada que, se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento, deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir ningunha compensación por parde da demandante.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Aquilino Naveira Muíño, expido e asino esta cédula na Coruña o 29 de xaneiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado