De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 21 de febreiro de 2001 (BOE do 20 de marzo) para a provisión dunha praza de titular de universidade, da área de coñecemento de ciencia política e da administración, do departamento de Socioloxía e Ciencia Política e da Administración, a Manuel María de Artaza Montero, tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Manuel María de Artaza Montero titular de universidade da área de coñecemento de ciencia política e da administración, do departamento de Socioloxía e Ciencia Política e da Administración, da Universidade de Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2002.
Francisco Darío Villanueva Prieto
Rector da Universidade de Santiago de Compostela
XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN
DE NOIA