Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.717

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (78/2001).

Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de xuízo de faltas nº 78/2001, por danos, nos que recaeu sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela, vinteoito de setembro de dous mil un.

Vistos por José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido xudicial, estes autos de xuízo verbal de faltas nº 78/2001, por falta contra a orde pública.

Dirixiuse a denuncia contra Gert Genisser, nado o 14-11-1962, en Oggersheim (Alemaña), pasaporte nº 6443151668, e con domicilio en Santiago de Compostela, rúa Castrón D'Ouro, nº 14-bis (Casa Encantada).

Foron denunciantes os funcionarios do corpo da policía local, con carnés profesionais números 078 e 038, asistidos de letrado.

Non comparece o denunciado, malia estar citado en forma. Compareceu o Ministerio Fiscal.

Decido condenar a Gert Genisser, como autor dunha falta contra a orde pública, á pena de dez días de multa a razón de duascentas pesetas por día, en total, dúas mil pesetas (2.000 pesetas).

Advírtese o condenado de que o non pagamento dalgunha destas cotas implicará unha responsabilidade persoal de privación de liberdade, que se cumpriría en réxime de arresto de fin de semana.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ó Ministerio Fiscal, e fágaselles saber que contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, no prazo de cinco días a partir do da súa notificación.

Así o acordo, mando e asino».

E para que conste e lle sirva de notificación en forma a Gert Genisser, actualmente en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela, vintecatro de xaneiro de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado