Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.717

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (80/2001).

Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de San

tiago de Compostela, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de xuízo verbal de faltas nº 80/2001, por danos, nos que recaeu sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

En Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2001.

José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os autos de xuízo verbal de faltas nº 80/2001, seguidos neste xulgado sobre danos, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, como denunciante Jorge Serqueda Lozano e como denunciado Gregorio López Rodríguez.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Gregorio López Rodríguez da falta de danos pola que foi denunciado.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación ó denunciante Jorge Serqueda Lozano, actualmente en paradoiro descoñecido, expido selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela, vintecatro de xaneiro de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado