Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.715

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (264/2001).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número dous de Santiago de Compostela,

Fai saber:

Que en virtude do acordado na resolución do día da data, dictada no procedemento de execución hipo

tecaria 264/2001 que se segue neste xulgado por instancia de Caixa de Aforros de Vigo, Ourense y Pontevedra, representada polo procurador Benjamín Victorino Regueiro Muñoz contra Carlos Rodríguez Cartelle, Josefina Maxi Calvo, en reclamación de 86.728,64 euros, polo presente anúnciase a venda en pública poxa, con antelación de vinte días polo menos, dos seguintes predios:

Vivenda unifamiliar situada na parcela número 142, de douscentos sesenta e dous metros e cincuenta centímetros cadrados; ten unha superficie útil de cento vinte metros cadrados e un garaxe da planta baixa de vintecinco metros cadrados. Componse de planta baixa de corenta e oito metros cadrados destinada a cociña, sala-comedor, despensa, aseo e lavadoiro; e planta alta de setenta e dous metros cadrados, destinada a catro cuartos e dous baños. Linda: norte e sur, resto do terreo sobre o que está construída, co que forma un só predio; leste ou dereita entrando, vivenda construída sobre a parcela 143; e oeste ou esquerda, vivenda construída sobre a parcela 141. Vivenda e terreo forman un conxunto que linda: norte ou fronte, a denominada rúa C da urbanización; sur ou costas, parcela número 172; leste ou esquerda entrando, parcela número 143 e vivenda construída sobre esta parcela; e oeste ou dereita, parcela número 141 e vivenda construída sobre esta parcela. Está pechada sobre si e ten

no seu linde coa rúa C unha franxa de terreo privado e axardinado dun metro e cincuenta centímetros de largo, por todo o longo da parcela en tal estrema, estando esta franxa de terreo incluída na superficie.

Inscrita no rexistro da propiedade de Negreira, no tomo 783, de Ames, libro 203, folio 44, predio 19.639, inscrición 4.

A poxa terá lugar o próximo día 10 de abril de 2002 ás 10 horas na sala de audiencias deste xulgado, sito na rúa Viena, s/n, planta segunda, edificio xulgados Santiago, conforme as seguintes condicións:

Primeira.-O predio embargado foi valorado na escritura de hipoteca; a súa valoración para o efecto de poxa é de 187.921,46 euros.

Segunda.-A certificación rexistral e, se é o caso, a titulación do inmoble ou inmobles que se poxan estará de manifesto na secretaría deste xulgado.

Tercera.-Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación existente ou que non existan título.

Cuarta.-As cargas ou gravames anteriores, se os houbera, ó crédito do demandante continuarán subsistentes entendéndose, polo só feito de participar na poxa, que o licitador os admite e queda subrogado na responsabilidade derivada daqueles, se o remate se adxudicase ó seu favor.

Quinta.-Para tomar parte na poxa os licitadores deberán depositar, previamente, na conta de depósitos e

consignacións deste xulgado na entidade BBVA, axencia nº 5.947, conta nº 1584-0000-06-0264-01, o 30 por cento do valor do predio para o efecto da poxa, devolvéndoselle-las cantidades, unha vez aprobado o remate, a aqueles que participen nesta, excepto ó mellor licitador, salvo que soliciten o seu mantemento á disposición do xulgado para o caso de que o rematante non consignara o resto do prezo, debendo indicar así mesmo no dito xustificante se, de se-lo caso, as cantidades consignadas pertencen en todo ou en parte a un terceiro, identificándoo adecuadamente.

Sexta.-Desde o anuncio da poxa ata a súa realización poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado ó que se deberá xunta-lo xustificante de ter realizado a consignación á que se refire a condición anterior, as cales serán abertas ó inicio da poxa, e terán os mesmos efectos que as que se realicen oralmente.

Sétima.-Só o executante poderá facer ofertas coa facultade de cede-lo remate a un terceiro, podendo participar na poxa só cando existan licitadores, mellorando as ofertas que se fixeran.

Oitava.-Para o caso de que se fagan ofertas que non superen polo menos o 70 por cento do valor de taxación ou mesmo se é inferior cubra, polo menos, a cantidade pola que se despachou a execución, incluíndo a previsión para xuros e custas, non se aprobará o remate, agás que o tribunal acorde outra cousa á vista das circunstancias concorrentes no procedemento.

Novena.-Os licitadores poderán acudir libremente a calquera das sedes de celebración, non aprobándose o remate por este xulgado ata coñecer, por calquera medio de comunicación, as ofertas efectuadas en todas elas, citándose persoalmente ós licitadores que realizaran idéntica oferta a unha licitación dirimente, agás que puidese salvarse o empate mediante comunicación telefónica.

Décima.-Non se pode facer consta-la situación posesoria do inmoble.

Décimo primeira.-Este edicto estará exposto no taboleiro de anuncios deste xulgado e nos lugares públicos de costume ata a data de realización da poxa e publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Décimo segunda.-Para o caso de que a notificación do sinalamento ó executado resultara infructuosa por encontrarse en paradoiro descoñecido, sirva esta de notificación edictal.

Décimo terceira.-En caso de que por causa de forza maior a poxa non puidera levarse a cabo no día e hora sinalado, realizarase o día seguinte hábil á mesma hora.

E, en cumprimento do acordado, expido este edicto en Santiago de Compostela o vintetrés de xaneiro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA