Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.715

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CINCO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (487/2000).

Carmen Iglesias Fungueiro, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número cinco da Coruña, dou fe que en autos de xuízo verbal civil número 487/2000 sobre reclamación de cantidade, se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na Coruña o tres de decembro de dous mil un. Vistos por Carmen Amelia Gomá García, maxistrada xuíza con destino no Xulgado de Primeira Instancia número cinco da Coruña, os presentes autos de xuízo verbal civil número 487/2000, sobre reclamación de cantidade por danos en tráfico, seguidos por instancia de Enrique Portela Portela, representado pola procuradora Aguiar Boudin, contra Domingo Sánchez Herrera e

Dictamino que debo estima-la demanda formulada por Enrique Portela Portela, representado pola procuradora Fara Aguiar Boudin contra Domingo Sánchez Herrera, condenando a este último a que lle aboe ó demandante a cantidade de 57.252 pesetas e xuros legais e custas de procedemento. Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña, que deberá prepararse no prazo de cinco días desde a súa notificación, mediante escrito redactado na forma disposta polo artigo 457 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, e que deberá presentarse ante este xulgado. Lévese testemuño desta resolución ós autos da súa referencia e o seu orixinal arquívese no cartafol correspondente de sentencias deste xulgado.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado Domingo Sánchez Herrera, con domicilio descoñecido e a súa inserción no DOG, expido e asino esta cédula na Coruña o tres de decembro de dous mil un.

Carmen Iglesias Fungueiro

Secretaria

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA