Apelante: María del Carmen Varela Otero.
Procuradora: María Pérez Otero.
Apelado: Maximino García Botana.
Procurador: Victorino Regueiro Muñoz.
Acordado no rolo de apelación civil número 409/2000, dimanante dos autos de menor contía 398/1998 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dictouse sentencia con data do 20 de decembro de dous mil un, co encabezamento e dictame seguinte:
Sentencia: en Santiago de Compostela, vinte de decembro de dous mil un.
Vistos pola sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña integrada por Ángel Pantín Reigada, presidente; José Ramón Sánchez Herrero e María del Carmen Núñez Fiaño, maxistrados, en grao de apelación nos autos seguidos no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela co número 398/1998 sobre menor contía, que constituíron o rolo de apelación número 409/2000; e nos que son parte como apelante María del Carmen Varela Otero; e como apelado Maximino García Botana, a relatora, a maxistrada María del Carmen Núñez Fiaño, expresa o parecer da sala, nos seguintes antecedentes de feito, fundamentos de dereito e dictame:
Decidimos que, desestimando o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Mª del Carmen Varela Otero, contra a sentencia dictada con data do 7 de abril de 2000 polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, confirmamos tal resolución impoñéndolle á parte apelante as custas procesuais causadas nesta alzada.
E para que conste e se publique no Diario Oficial de Galicia e sirva de notificación a Sonia e José Costoya Varela, con domicilio descoñecido, expídese e asínase este edicto.
En Santiago de Compostela, vinteoito de xaneiro de dous mil dous.
O secretario
Rubricado