Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 29 de marzo de 2001 (BOE do 20 de abril), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de teoría do sinal e comunicacións, do departamento de Tecnoloxía das Comunicacións, a prol de Fernando Martín Rodríguez, con documento nacional de identidade número 34260773-L, e cumprindo o interesado os requisitos do artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Fernando Martín Rodríguez profesor titular de universidade da área de coñecemento de teoría do sinal e comunicacións, do departamento de Tecnoloxía das Comunicacións.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no BOE.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das adminis
tracións públicas e do procedemento administrativo común.
Vigo, 30 de xaneiro de 2002.
Domingo Docampo Amoedo
Rector da Universidade de Vigo