Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.033

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (982/2000).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 982/2000, por instancia de Manuel Pavón Blanco contra Ana Jato Nogueira e outros, sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que, estimando a excepción de incompetencia de xurisdicción alegada e desestimando a demanda deducida por Manuel Pavón Blanco contra Ana Jato Nogueira, Marcos David Diego Álvarez, Rodolfo Fernández Pazos, Ana Julia Harfuch e a Asociación Protectora de Animais Abandoados Matilde Figueroa ou Apadam, debo absolver e absolvo a parte demandada sen entrar a resolver sobre o

fondo do asunto, facéndolle saber que a xurisdicción competente é a xurisdicción civil.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba ante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberá consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo

recurso, declarándose este desistido de non constituírse tal depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á Rodolfo Norberto Pazos, expido e asino esta cédula na Coruña, 21 de xaneiro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA