Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.034

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2001, da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña, pola que se procede a efectua-lo cambio de titularidade do predio 92 da expropiación para alargamento e mellora da C-550 Fisterra-Tui pola costa, termo municipal de Fisterra.

Examinado o expediente instruído por instancia de Francisca Valdomar López, sobre titularidade do

predio referenciado, e resultando que en xullo de 1996 tivo lugar o levantamento da acta previa á ocupación do predio nº 92 a nome de Construccións Sixto.

Resultando que por Francisca Valdomar López foi reclamada a titularidade do predio nº 92. Achega ó expediente como proba acreditativa da titularidade copia da escritura de compravenda outorgada ante notario o 2 de agosto de 1983 a favor de Francisca Valdomar López.

Resultando que polo representante da Administración foi presentado ante esta xefatura escrito que se incorpora ó expediente mediante o cal se informa que, á vista da documentación achegada e realizadas as comprobacións oportunas, procede modifica-la titularidade do predio nº 92, o cal deberá figurar a nome de Francisca Valdomar López, con quen haberán de entenderse as sucesivas actuacións.

Considerando que de conformidade co disposto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a Administración en calquera momento poderá rectifica-los erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos.

Vistos a Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, así como o seu Regulamento do 26 de abril de 1957 e demais disposicións legais de xeral aplicación.

Esta xefatura provincial, no uso das atribucións que lle confire o artigo 98 da Lei de expropiación forzosa vixente,

ACORDA:

Primeiro.-Estima-la solicitude formulada por Francisca Valdomar López sobre rectificación ó seu favor da titularidade do predio nº 92 do plano parcelario, o cal deberá figurar ó seu nome e con quen haberán de seguirse os sucesivos trámites do citado expediente.

Segundo.-Dispoñer que o representante da Administración proceda a efectua-las modificacións pertinentes como consecuencia do disposto no punto primeiro deste acordo.

O que comunico a vostede para o seu coñecemento e efectos, advertíndolle que contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes a partir do día da notificación desta resolución, recurso que poderá interpoñerse directamente ante a dita autoridade ou ben ante esta Xefatura Provincial de Estradas.

A Coruña, 18 de decembro de 2001.

José Luis Rodríguez Alonso

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas da Coruña