Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde de 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Asistencia técnica ás expropiacións da obra corredor do Morrazo treitos I e II.

Adxudicatario: Topogray Topografía y Servicios, S.L.

Orzamento: 23.801.547 pesetas (143.050,18 euros).

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción incluída cartografía da obra acondicionamento da estrada LU-651 Quiroga-Seoane do Courel. Treito: Quiroga-Folgoso.

Adxudicatario: Iceacsa.

Orzamento: 24.798.789 pesetas (149.043,72 euros).

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda