Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.033

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (917/2000).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico

que neste xulgado se seguen autos nº 917/2000, por instancia de Alberto Varela Rellán contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, as empresas Contratas y Reformas Majoreras, S.L., Construcciones Amenedo Losada, S.A., e Promociones Novoher, S.L., sobre accidente enfermidade, nos que recaeu sentencia en data 11-1-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Alberto Varela Rellán contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, as empresas Contratas y Reformas Majoreras, S.L., Construcciones Amenedo Losada, S.A. e Promociones Novoher, S.L., debo declarar e declaro que a base reguladora da pensión recoñecida ó demandante ascende á suma de 567,57 euros (94.435 pesetas), condenando as demandadas a estar e pasar pola anterior declaración, o Instituto Nacional da Seguridade Social ó anticipo que proceda, na contía, forma e efectos regulamentarios correspondentes. E as empresas Contratas y Reformas Majoreras, S.L. e Construcciones Amenedo Losada, S.A. a que constitúan na Tesourería Xeral da Seguridade Social o capital custo de renda necesario para facer fronte á prestación, na nova contía e ás diferencias correspondentes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Contratas y Reformas Majoreras, S.L., Construcciones Amenedo Losada, S.A. e Promociones Novoher, S.L., expido e asino está cédula na Coruña, 11 de xaneiro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado