Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.033

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (143/2001).

Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Instrucción número un de Padrón, da fe e testemuño de que no xuízo de faltas 143/2001 se dictou sentencia con encabezamento e parte dispositiva que di:

Procedemento: xuízo de faltas 143/2001.

Setencia: nº 161/2001.

En Padrón, 30 de novembro de 2001.

Vistos por min, María de los Ángeles Lamas Méndez, estes autos de xuízo de faltas, nos que foron parte o Ministerio Fiscal, Matías Corredoira Ferreira; denunciante, José Antonio Rivera Casal; denunciado, José Gil Pedrol, e nos que se dictou sentencia con base nos seguintes feitos.

Seguen antecedentes de feito, feitos probados e fundamentos de dereito.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, decido:

Que debo condenar e condeno a José Gil Pedrol como autor dunha falta de estafa do artigo 623.4 do Código Penal, sen a concorrencia de circunstancias modificativas da responsabilidade criminal, á pena de trinta días de multa a razón de oitocentas pesetas diarias, así como ó pagamento das custas procesuais. Se non satisfai voluntariamente ou pola vía de constrinximento a multa imposta, quedará suxeito a unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas.

En concepto de responsabilidade civil, José Gil Pedrol indemnizará a José Antonio Rivera Casal na cantidade de 43.121 pesetas.

Contra esta sentencia, que non é firme, poderá interporse recurso de apelación neste xulgado no prazo de cinco días desde a súa notificación, para a súa resolución pola audiencia provincial.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a José Gil Pedrol, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Padrón, 23 de xaneiro de 2002.

O secretario

Rubricado