Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.032

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (108/2001).

César Orgeira Maceiras, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, dou fe e testemuño:

De que no xuízo de faltas nº 108/2001 se dictou a seguinte cédula de citación:

«O/A xuíz/a do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, acordou citar a vostede para que o próximo día quince de marzo ás nove horas, asista na sala de vistas á celebración do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por apropiación indebida, en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer ó acto do xuízo con tódolos medios de proba de que se tente valer (testemuñas, documentos, peritos, ...) e que poderá acudir asistido de letrado, ben que no sexa preceptivo.

Apercíbese de que, se residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impedir, se lle poderá impor unha multa, recaendo sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito, e, se residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tiver, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal».

E para que conste e sirva de citación a José Souto Diéguez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o vintetrés de xaneiro de dous mil dous.

O/A secretario/a

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE PADRÓN