Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.032

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación (55/2001).

Alfonso Travado y Lira, secretario da Audiencia Provincial de Ourense, Sección Segunda,

Certifico: que nesta Sección Segunda existe a peza de apelación nº 55/2001, na que se dictou a sentencia que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Apelación civil.

A Audiencia Provincial de Ourense, Sección Segunda, constituída por Abel Carvajales Santa-Eufemia, presidente, Mª Mercedes Péres Martín-Esperanza e Ramón Godoy Méndez, maxistrados, pronunciou a seguinte sentencia:

En Ourense, no trinta e un de maio de dous mil un.

Vistos en grao de apelación por esta Sección Segunda da Audiencia Provincial, actuando como tribunal civil, os autos de xuízo de menor contía procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número seis dos de Ourense, seguidos co nº 176/1998, peza de apelación nº 55/2001, nos que aparece como parte apelante a Tesourería Xeral da Seguridade Social, representada polo procurador dos tribunais Jorge Andura Perille e asistida pola letrada Antonia Elena García Puertas, e como apelada, a entidade Fiat Leasing, Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., representada polo procurador dos tribunais Jesús Marquina Fernández e asistida polo letrado Ángel Penedo Nieto, e a entidade Madiflor, S.L. en situación procesual de rebeldía, sobre tercería de dominio. É maxistrada-relatora Mª Mercedes Pérez Martín-Esperanza.

Decido:

Que, desestimando o recurso de apelación interposto polo procurador dos tribunais Jorge Andura Perille, en nome e representación da Tesourería Xeral da Seguridade Social, contra a sentencia dictada nos autos de tercería de dominio nº 176/1998, peza de apelación nº 55/2001, seguidos ante o Xulgado de Primeira Instancia número seis dos de Ourense, debémola confirmar e confirmámola, e impómo-las custas da alzada á parte apelante.

Ó notificar esta resolución ás partes, fáganse as indicacións a que se refire o artigo 258.4º da LOPX.

Así, por esta nosa sentencia, da que, en unión dos autos orixinais se remitirá certificación ó xulgado de procedencia para a súa execución e demais efectos, xulgando en segunda instancia, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

Abel Carvajales Santa-Eufemia.

Mª Mercedes Pérez Martín-Esperanza.

Fernando Alañón Olmedo.

Rubricado».

Concorda fielmente co orixinal, ó que me remito, e para que así conste e sirva de notificación á entidade demandada, Madiflor, S.L., ausente en paradoiro ignorado e declarada en rebeldía, expido e asino esta cédula, que foi lida e pronunciada en audiencia pública en Ourense, no vintedous de xaneiro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE

BETANZOS