De conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.
Segundo.-Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinala no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente (rúa San Lázaro s/n, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.
Cuarto.-Os/as aspirantes deberán xuntarlle á súa petición un currículun vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.
Os méritos alegados e non probados da maneira en que se sinala no punto anterior non serán tidos en conta.
Quinto.-No caso de que resulte seleccionado/a para ocupa-lo posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde un funcionario/a con destino noutra administración, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servicio, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días segundo o disposto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia podendo, de considerarse oportuno, declararse deserta.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade do novo, ou dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.
O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ó da publicación da resolución.
Oitavo.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2002.
José Carlos del Álamo Jiménez
Conselleiro de Medio Ambiente
ANEXO I
Código: MA.C04.00.002.15770.001
Denominación do posto de traballo: subdirector/a xeral de Calidade Ambiental.
Centro directivo: Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
Localidade: Santiago de Compostela.
Corpo ou escala: xeral/especial.
Grupo: A.
Nivel: 30.
Específico: 1.231,46 A.
Requisitos: diploma de directivo.