Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.029

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 18 de decembro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia número 250, do 28 de decembro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas provisionais de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística.

A lista de aspirantes admitidos estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas e luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Así mesmo, publícase a lista de excluídos, que figura como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, para emenda-lo defecto que motivase a exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non corrixan os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídos.

Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo, co obxecto de formular reclamación.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2002.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

Acceso libre

NomeDNIExclusión

Acosta González, Pablo Manuel de33297913-P20, 53

Cela Castro, María Luisa33319730-K50

Contreras Pedrosa, Eva María35316419-B10

Díaz Cardo, Eva32765388-W53

Escariz Gómez, Luz33844234-X53

Fernández-Vilanova Vázquez32843237-L53

Ferreiro Faya, María Lourdes32811138-M53

Ferreiro Gallego, María Jesús33313283-Z50

Figueira Hermo, David Francisco76967862-H53

López Antolínez, Miriam34994058-H10, 22

Morado Fernández, María Cristina33299444-K10

Moreira Díaz, María del Pilar35320142-P55

Prieto Gómez, Patricia Carmen76936453-G53

Rodríguez Paz, Begoña34873036-E22

Causas de exclusión:

10.-Instancia fóra de prazo.

20.-Taxas non aboadas.

22.-Taxas aboadas fóra de prazo.

50.-Instancia incorrecta (emendas, riscaduras...).

53.-Falta do DNI ou DNI incorrecto.

55.-Non cumpri-lo requisito de titulación.