Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.028

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 8 de febreiro de 2002 pola que se suspende a eficacia das ordes do 29 de novembro de 2001 polas que se convocan diversos procesos selectivos.

Por resolucións desta consellería, do 8 de febreiro de 2002, estimáronse parcialmente recursos de reposición formulados contra as ordes do 29 de novembro

de 2001, polas que se convocan procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escalas de subinspección pesqueira e titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira (DOG nº 239, do 12-12-2001).

A estimación parcial dos devanditos recursos implica a necesidade de modifica-las ordes de convocatoria antes citadas, nas súas bases II.2.1.a), adaptándoas ó disposto no artigo 23.1 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

A devandita modificación debe aplicarse, en consecuencia, ás ordes do 29 de novembro de 2001 polas que se convocan procesos selectivos para o ingreso nos corpos facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escalas técnica de vixilancia pesqueira e de axentes de extensión pesqueira (DOG nº 238, do 11 de decembro); e de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala básica de vixilancia pesqueira (DOG nº 239, do 12 de decembro), ante a identidade da redacción das bases.

Toda vez que debe procederse á modificación das devanditas ordes de convocatoria, a súa inmediata eficacia podería causar prexuízos de difícil reparación.

En consecuencia, e de acordo co disposto no artigo 111 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública

DISPÓN:

Primeiro.-Suspende-la eficacia inmediata das ordes do 29 de novembro de 2001 polas que se convocan procesos selectivos para o ingreso nos corpos facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escalas técnica de vixilancia pesqueira e de axentes de extensión pesqueira (DOG nº 238, do 11 de decembro); e de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala técnica de vixilancia pesqueira (DOG nº 239, do 12 de decembro).

Segundo.-Facer pública a suspensión de eficiacia inmediata das ordes do 29 de novembro de 2001, polas que se convocan procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escalas de subinspección pesqueira e titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira (DOG nº 239, do 12-12-2001), de acordo co artigo 111.5 da Lei 30/1992.

Terceiro.-Esta orde producirá efectos ata a publicación da modificación das ordes de convocatoria nos termos expostos.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a Sala do

Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública