Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.028

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector do comercio de materiais de construcción e decoración e comercio do metal.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector do comercio de materiais de construcción e decoración e comercio do metal, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-1-2002, subscrito pola comisión paritaria do dito convenio o día 16-1-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2002.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Acta

Asistentes:

Pola parte empresarial:

Ángel López Martínez.

Ángel Torres González.

Pola parte social:

José Ramón Grela Castro (CC.OO.).

Nieves Montes Patiño (UGT).

Lois Soto Sabio (CIG).

Na Coruña, o 16 de xaneiro de 2002, ás 12 horas, reúnense as persoas arriba relacionadas, integrantes da comisión paritaria do convenio colectivo provincial de comercio do metal e comercio de materiais de construcción e decoración e demais sectores descritos no seu ámbito, co obxecto de actualiza-las táboas salariais, tal e como establece o artigo 28 deste convenio. Para tal efecto, acordan:

1. Aplica-la revisión do 0,7% do exceso de IPC con efectos do 1-1-2002.

2. Realiza-la táboa de fusión e proceder a lle dar cumprimento ó último tramo de achegamento. Todo isto con efectos do 1-1-2002.

3. A táboa que figura como anexo a esta acta aplicarase desde o 1-1-2002 e será a que sirva de base para a negociación do convenio de 2002.

E sen máis asuntos que tratar, ás 13.45 horas, levántase a reunión.

TÁBOAS SALARIAIS DE PARTIDA 2002

CATEGORÍASALARIO BASE MENSUALCÓMPUTO ANUAL

DIRECTOR807,94 A12.844, 33 A

TITULADO GRAO SUPERIOR807,94 A12.844, 33 A

XEFE DE PERSONAL807,94 A12.844, 33 A

ENCARGADO XERAL807,94 A12.844, 33 A

XEFE DE ADMINISTRACIÓN807,94 A12.844, 33 A

XEFE DE VENDAS731,20 A11.693,23 A

XEFE DE COMPRAS731,20 A11.693,23 A

XEFE DE ALMACÉN731,20 A11.693,23 A

XEFE DE SUCURSAL731,20 A11.693,23 A

XEFE ADMINISTRATIVO OU ADMINISTRACIÓN 2ª731,20 A11.693,23 A

XEFE DE DIVISIÓN717,99 A11.495,08 A

ESCAPARATISTA-DECORADOR717,99 A11.495,08 A

XEFE DE SECCIÓN682,51 A10.962,95 A

CONTABLE-CAIXERO682,51 A10.962,95 A

OFICIAL ADMINISTRATIVO682,51 A10.962,95 A

XEFE DE GRUPO682,51 A10.962,95 A

PROGRAMADOR682,51 A10.962,95 A

VIAXANTE674,25 A10.838,98 A

XEFE TALLER/ENCARGADO ESTABLECEMENTO674,25 A10.838,98 A

DEPENDENTE671,17 A10.792,78 A

ROTULISTA E CORTADOR671,17 A10.792,78 A

PROFESIONAL DE OFICIO DE 1ª671,17 A10.792,78 A

CHOFER CAMIÓN671,17 A10.792,78 A

TITULADO GRAO MEDIO671,17 A10.792,78 A

PROFESIONAL DE OFICIO DE 2ª648,35 A10.450,48 A

COBRADOR-CONSERXE648,35 A10.450,48 A

VENDEDOR-COBRADOR648,35 A10.450,48 A

CORREDOR DE PRAZA648,35 A10.450,48 A

INTÉRPRETE636,68 A10.275,43 A

PROFESIONAL DE OFICIO DE 3ª636,68 A10.275,43 A

REPOÑEDOR-SEPARADOR636,68 A10.275,43 A

SECRETARIO-TELEFONISTA636,68 A10.275,43 A

MOZO ESPECIALIZADO636,68 A10.275,43 A

DELINEANTE626,81 A10.127,38 A

AUXILIAR ADMINISTRATIVO626,81 A10.127,38 A

AXUDANTE614,17 A9.937,78 A

AXUDANTE DE CORTADOR614,17 A9.937,78 A

LIMPADORA614,17 A9.937,78 A

MOZO, EMBALADOR614,17 A9.937,78 A

AUXILIAR DE CAIXA614,17 A9.937,78 A

VIXILANTE OU SERENO614,17 A9.937,78 A

TRABALLADORES CONTRATADOS PRÁCTICAS494,58 A8.143,93 A

COMPLEMENTO DE TRANSPORTE 65,93 A

COMPLEMENTO DE TRANSPORTE DÍA 2,63 A

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA