Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 20 de febreiro de 2002 Páx. 1.994

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (476/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

En autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o nº 476/2001 por instancia de José David Iglesias Francos, contra a empresa Arco Mera, S.L. e outros sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña, 17 de xaneiro de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes

autos de xuízo nº 476/2001, seguidos por instancia de José David Iglesias Francos, maior de idade, asistido polo letrado José Páramo Sureda, contra a empresa Arco Mera, S.L., empresa Estudios y Construcciones en Mera, S.L., Héctor Rodríguez Pardo e Pilar Rodríguez Pardo, empresa Tu Idea Factory, S.L. e empresa Factory, S.L., que non compareceron en autos, intervindo Fogasa, representado e asistido pola letrada Enma Pérez Díez del Corral, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito:

Decido que estimando a demanda interposta polo demandante José David Iglesias Francos, intervindo o Fogasa, debo condenar e condeno as empresas Arco Mera, S.L., empresa Estudios y Construcciones en Mera, S.L., Héctor Rodríguez Pardo e Pilar Rodríguez Pardo, a empresa Tu Idea Factory, S.L. e a empresa Factory, S.L., a que abonen solidariamente ó demandante a cantidade de 3.639,45 euros (605.553 pesetas) por tódolos conceptos reclamados na demanda, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Fogasa en caso de insolvencia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente no goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade de 25.000 pesetas na conta de «depósitos e consignacións» que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603, clave 65, facendo constar no ingreso o número do expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación ás empresas Arco Mera, S.L.; Estudios y Construcciones en Mera, S.L.; e empresa Factory, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña, 17 de xaneiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado