Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 20 de febreiro de 2002 Páx. 1.994

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de auto (461/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

En autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o nº 461/2001 por instancia de Carlos Fernández García e outros, contra a empresa

Josefa Pilar Rodríguez García e Fogasa, sobre salarios, dictouse o seguinte auto:

Na cidade da Coruña, 22 de xaneiro de 2002.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Parte dispositiva: aclárase a sentencia no sentido de que o letrado que representou e asistiu os demandantes no presente procedemento é José Páramo Sureda, e non Felipe Martínez Ramonde, como consta no seu encabezamento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se lles fará saber que contra a referida non cabe ningún recurso, excepto o correspondente á sentencia que se pretendía aclarar.

E para que sirva de notificación á empresa Josefa Pilar Rodríguez García mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o 22 de xaneiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado