Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 20 de febreiro de 2002 Páx. 1.993

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (903/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

En autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o nº 903/2001, por instancia de Francisco Javier Piñeiro Ferreiro, contra a empresa Manuel Rebollo Capillas e Fogasa sobre despedimento, dictouse a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña 14 de xaneiro de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes

autos de xuízo nº 903/2001, seguidos por instancia de Francisco Javier Piñeiro Ferreiro, maior de idade, asistido pola graduado social Belén Matilla Cortés, contra a empresa Manuel Rebollo Capillas, que non comparece; e Fogasa, representado e asistido pola letrada Enma Pérez Díaz del Corral, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito:

Decido que estimando a demanda interposta polo demandante Francisco Javier Piñeiro Ferreiro, intervindo o Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado pola empresa Manuel Rebollo Capillas e extinguida a relación laboral na data da presente resolución, condenando a empresa a que lle aboe ó demandante a cantidade de 9.426,27 euros (1.568.515 pesetas) en concepto de indemnización.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente no goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo resgardo acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de «depósitos e consignacións» que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo, deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito, na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Manuel Rebollo Capillas mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o 14 de xaneiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado