Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 20 de febreiro de 2002 Páx. 1.993

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (826/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña,

Fago saber que nos autos número 826/2001 seguidos por instancia de Amable Pousada Ferradás contra Galicia Limpiezas y Conserjes, S.L.L. sobre des

pedimento a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, con data do 28-11-2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda interposta por Amable Pousada Ferradás contra a empresa Galicia Limpiezas y Conserjes, S.L.L., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento, condenando a dita demandada a que, no prazo de cinco días, opte pola readmisión do demandante no seu posto de traballo ou o indemnice na suma de 344.534 pesetas, máis os salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata á da notificación da presente resolución, a razón de 5.557 pesetas diarias.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra a referida sentencia cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar xustificante acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60 e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Galicia Limpiezas y Conserjes, S.L.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en Salgado Somoza, 8-baixo, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 18 de xaneiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado