Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 20 de febreiro de 2002 Páx. 1.993

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (82/2001).

Eu, Inmaculada Pérez Arrojo, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe de que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado co nº 82/2002 se acordou, por Resolución do 16 de xaneiro de 2001, a citación de Raimundo Pérez Bellón mediante a publicación da seguinte cédula de citación:

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollemento familiar 82/2001, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a Raimundo Pérez Bellón, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 21 de febreiro, ás 12.30 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoo de que, de non o verificar, recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2002.

A secretaria

Rubricado