Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 20 de febreiro de 2002 Páx. 1.992

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL DE CONTAS (SECCIÓN DE AXUIZAMENTO-DEPARTAMENTO 2º)

EDICTO (B-133/2001).

Por medio deste edicto faise público, para dar cumprimento ó acordado polo conselleiro de contas do

Departamento Segundo de Axuizamento, por providencia con data do 8 de xaneiro de 2002, dictada no procedemento de reintegro por alcance nº B-133/2001, do ramo de corporacións locais, provincia de Pontevedra, que no dito tribunal se segue procedemento de reintegro por alcance por un presunto alcance producido nos fondos do Concello de Mos, como consecuencia dun saldo debedor pendente de xustificar nos exercicios 1998, 1999 e 2000.

O cal se fai público coa finalidade de que os legalmente habilitados para o mantemento ou oposición á pretensión de responsabilidade contable poidan comparecer nos autos dentro do prazo dos nove días seguintes á publicación deste edicto.

Madrid, 8 de xaneiro de 2002.

Carlos Leguina Vicens

Secretario