Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 19 de febreiro de 2002 Páx. 1.941

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia. (490/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño nos autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 490/2001 contra Inés Blas Aguiar e outra sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

Na Coruña, 18 de xaneiro de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 490/2001 seguidos por instancia de Inés Blas Aguiar e María Teresa Fernández García, maiores de idade, asistidas pola letrada Cristina Gómez Lozano, contra a empresa Belan Textil, S.L., que non compareceu, e o FOGASA, representado e asistido polo letrado Ramón Novoa Cisneros, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Inés Blas Aguiar e María Teresa Fernández García contra a empresa Belan Textil, S.L., con intervención do FOGASA, e debo condenar á empresa Belan Textil, S.L. a que lles aboe ás demandantes a cantidade de: a Inés Blas Aguiar, 5.084,53 euros (845.995 pesetas) e a María Teresa Fernández García, 7.599,61 euros (1.264.468 pesetas) polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade de 25.000 pesetas na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número da conta 5603, clave 65, facendo constar no ingreso o número do expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación á empresa Belan Textil, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña, 18 de xaneiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado