Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 19 de febreiro de 2002 Páx. 1.941

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (512/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe

e testemuño nos autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 512/2001 contra a empresa Fribarking Aire y Refrigeración, S.L. sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

Na Coruña, 18 de xaneiro de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 512/2001 seguidos por instancia de Jorge Juan Fernández Rodríguez, maior de idade, asistido polo letrado José Páramo Sureda, contra a empresa Fribarking Aire y Refrigeración, S.L., que non compareceu, coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, representado e asistido polo letrado Ramón Novoa Cisneros, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que estimando a demanda interposta por Jorge Juan Fernández Rodríguez, coa intervención de FOGASA, debo condenar a empresa Fribarking Aire y Refrigeración, S.L. a que lle aboe ó demandante a cantidade de 1.955,21 euros (325.320 pesetas) polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recurrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade de 150,25 euros (25.000 pesetas) na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603 clave 65, facendo constar no ingreso o número do expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación a empresa Fribarking Aire y Refrigeración, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña, 18 de xaneiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado