Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 19 de febreiro de 2002 Páx. 1.941

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (704/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 704/2001 por instancia de José Antonio Loureiro Rodríguez e outros contra

SBG, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 17-1-2002 que, copiada nos particulares necesario, di así:

Que, estimando a demanda formulada por José Antonio Loureiro Rodríguez, Francisco J. Chas Freire, Luis Pan Álvarez, José Manuel Santiso Naya e Felipe Manuel Hortas Formoso, contra a empresa SBG, S.L., condeno a empresa a aboárlle-la cantidade de 3.093,95 euros ó señor Loureiro Rodríguez, 2.934,39 euros ó señor Chas Freire, 3.138,77 euros ó señor Pan Álvarez, 3.152,36 euros o señor Santiso Naya e 2.637,17 euros a Hortas Formoso, que lles debe en concepto de salarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 704-2001 do banco BBVA desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa SBG, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 17 de xaneiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado