Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 19 de febreiro de 2002 Páx. 1.942

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (923/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 923/2001 seguidos por instancia de Tamara Aranda Vázquez contra Comercial Gráfica, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 18-1-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que estimando a demanda formulada por Tamara Aranda Vázquez, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Comercial Gráfica S.L., a que a súa elección, que ha de efectuar no prazo de cinco días, a readmita no seu posto e condicións de traballo ou a indemnice coa cantidade de 548,24 euros, con aboamento en todo caso dos salarios deixados de percibir desde a data do

despedimento ata a da notificación desta sentencia, e que ata a data ascenden á cantidade de 1.108,21 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada de que para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 923-2001 do banco BBVA desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así mesmo advírtese á parte demandada que, se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a sustanciación do procedemento deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada ésta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir ningunha compensación por parte da demandante.

Así por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Comercial Gráfica, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 18 de xaneiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado