Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 19 de febreiro de 2002 Páx. 1.942

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (939/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 939/2001 seguidos por instancia de Jorge García López e outros contra Dacoilcor, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 18-1-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que, estimando a demanda formulada por Jorge García López, Eugenio Sánchez Louzán e Manuel del Llano Suárez, declaro a improcedencia do seu despedimento e debido á situación de desaparecida da empresa, declaro a extinción do contrato de traballo en data da presente resolución, e condeno a empresa Dacoilcor, S.L. a que os indemnice coa cantidade de 4.285,17 euros a Jorge García López, 2.989,95 euros a Eugenio Sánchez Louzán, 3.080,44 euros a Manuel del Llano Suárez, con aboamento

en todo caso dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación desta sentencia, que ascenden á cantidade de 2.795,51 a Jorge García López, 1.950,55 euros a Eugenio Sánchez Louzán e 2.009,58 euros a Manuel del Llano Suárez.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 939-2001 do banco BBVA desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Dacoilcor, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 18 de xaneiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado