Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 19 de febreiro de 2002 Páx. 1.940

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (461/2001).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

En autos seguidos perante este Xulgado do Xocial, tramitados baixo o nº 461/2001 por instancia de

Carlos Fernández García, Susana Martínez Fiaño e Damaris Vázquez Rodríguez, contra a empresa Josefa Pilar Rodríguez García e o Fogasa, sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña, 16 de xaneiro de 2002. Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo nº 461/2001, seguidos por instancia de Carlos Fernández García, Susana Martínez Fiaño e Damaris Vázquez Rodríguez, maiores de idade, o primeiro representado e asistido polo letrado Felipe Martínez Ramonde e os restantes asistidos polo anterior letrado, contra a empresa Josefa Pilar Rodríguez García, que non compareceu en autos; e o Fogasa, representado e asistido polo letrado Ramón Novoa Cisneros, sendo o obxecto da reclamación salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que, estimando a demanda interposta polos demandantes, contra a empresa Josefa Pilar Rodríguez García, intervindo o Fogasa, debo condenar e condeno a demandada a que lles aboe ós demandantes as cantidades seguintes: a Carlos Fernández García 1.986,05 euros (330.451 pesetas); a Susana Martínez Fiaño 1.558,33 euros (259.284 pesetas) e a Damaris Vázquez Rodríguez 1.965,44 euros (327.021 pesetas), polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBVA desta cidade, co número de conta 5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito, na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Josefa Pilar Rodríguez García, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o sen enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o 16 de xaneiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado