Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 19 de febreiro de 2002 Páx. 1.940

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (225/2001).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, da fe e testemuño de que no xuízo de faltas 225/2001, que se segue neste xulgado por unha falta de receptación, se acordou citar a José María Reino Bardanca, para que compareza ante a sala de audiencias deste xulgado o vindeiro día 27 de febreiro, ás 9.50 horas, en calidade de denunciado.

E para que conste e lle sirva de citación a José María Reino Bardanca, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo o 16 de xaneiro de 2002.

O secretario

Rubricado