Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, da fe e testemuño de que no xuízo de faltas 60/2001, que se segue neste xulgado por unha falta de realización de actividades sen seguro obrigatorio, se acordou citar a José Antonio Rojo Bardanca, para que compareza ante a sala de audiencias deste xulgado o vindeiro día 27 de febreiro, ás 9.40 horas, en calidade de denunciado, para a celebración deste xuízo de faltas.
E para que conste e lle sirva de citación a José Antonio Rojo Bardanca, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo o 16 de xaneiro de 2002.
O secretario
Rubricado