Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 19 de febreiro de 2002 Páx. 1.939

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2001 e a aprobación da táboa salarial para 2002, do convenio colectivo do sector de industrias do metal sen convenio propio.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2001 e a aprobación da táboa salarial para 2002, do convenio colectivo do sector de industrias do metal sen convenio propio, con nº de código 3601155, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-1-2002, subscrita pola comisión paritaria do convenio colectivo, con data do 14-1-2002. De conformidade co disposto no artigo 45 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 18 de xaneiro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta da reunión da comisión paritaria do convenio colectivo para empresas do metal sen convenio propio da provincia de Pontevedra que tivo lugar o día 14 de xaneiro de 2002

Asistentes:

ASIME: Javier Martínez López, Enrique Mallón Otero.

ATRA: José M. Rodríguez Simón.

FECA: representada por ASIME.

FONCALOR: Manuel Pérez Pérez.

CC.OO.: Emilio Docampo Estévez, Guillermo Gómez Rodríguez.

CIG: Emilio Alonso Nogueira, Manuel Simón.

UGT: José Antonio Álvarez González, José Antonio Gómez, Leonardo Pérez Alonso.

INSTALECTRA: Leonardo Pérez Alonso.

Reunidos no local ASIME, en Vigo, e sendo as 17 horas do día 14 de xaneiro de 2002, ten lugar a reunión da comisión paritaria do convenio colectivo para empresas do metal sen convenio propio da provincia de Pontevedra, na que actúa como secretario Leonardo Pérez Alonso e á que asisten as persoas expresadas anteriormente.

En primeiro lugar, e coñecido o IPC oficial do pasado ano 2001, acórdase por unanimidade a revisión salarial do ano 2001, dando cumprimento ó artigo 45 do convenio colectivo vixente, concretándoa nun incremento do 0,7% sobre o salario base e o CAC, segundo as táboas que se xuntan.

O devengo dos atrasos realízase a partir do día 1 de xullo de 2001, e a data tope para o aboamento destes será o día 31 de marzo de 2002. Nas táboas que se xuntan figura o importe que se vai aboar para cada categoría profesional.

Por outra parte, apróbanse tamén por unanimidade as táboas salariais que rexerán no ano 2002, tanto en pesetas como en euros, segundo as táboas que así mesmo se xuntan.

Sen máis asuntos por tratar, dáse por rematada a reunión, sendo as 20 horas deste día.

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE CARBALLO