Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 19 de febreiro de 2002 Páx. 1.938

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da xornada laboral do convenio colectivo do sector da construcción.

Vista a acta da xornada laboral para o ano 2002, do convenio colectivo da construcción, con nº de código 3600435, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-1-2002, subscrita pola comisión deliberadora do convenio, con data do 13-12-2001. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que

consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 11 de xaneiro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión deliberadora do convenio

da construcción

Asistentes:

UGT:

José C. Rodríguez del Río.

Lourdes Diz Lorenzo.

Ramón Carrera Molares.

CC.OO.:

Marcos González Oliveira.

CIG:

Xosé Xoán Melón González.

APEC:

José Pampillón Alonso.

Anselmo Hernández Luján.

Jesús Fontán Piñeiro.

Jesús Franza Morcate.

Asesora:

Yolanda Carballo Muñoz

Vigo, 13 de decembro de 2001, na sede da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC) previamente convocados, reúnense as persoas que figuran á marxe nas representacións que se indican, con obxecto de fixa-la xornada laboral para o ano 2002.

Como único punto trátase o tema da xornada laboral, recollido no artigo 43 do actual convenio colectivo, que para o ano 2002 será de 1.756 horas efectivas de traballo.

O texto do artigo 43 do convenio relativo á xornada dirá textualmente:

1. A xornada ordinaria anual durante o período de vixencia deste convenio será de 1.756 horas segundo o calendario laboral anexo.

2. A xornada ordinaria semanal será de 40 horas de luns a venres durante toda a vixencia deste convenio.

3. Os traballadores teñen dereito a un paro de 15 minutos durante a mañá para toma-lo bocadillo, segundo as necesidades do servicio.

4. Tendo en conta as condicións climatolóxicas e as necesidades das distintas actividades do sector, poderíase pactar nas empresas a distribución variable da xornada máxima anual, sen que en ningún caso se poidan supera-las nove horas diarias nin as corenta horas semanais de traballo efectivo.

5. Para adapta-la xornada ás 1.756 horas acordadas para o ano 2002, os días 18 de marzo, 26 de xullo, 16 de agosto, 31 de outubro, 24, 30 e 31 de decembro, ademais de 4 horas do 12 de febreiro, terán a consideración de festivos e non laborables para tódolos efectos.

6. Ademais dos días sinalados anteriormente, nos seguintes concellos por coincidi-lo festivo local con día non laborable, fíxanse os seguintes festivos:

Arbo, Caldas de Reis, Gondomar, Mondariz, Tomiño, Vigo e Vilagarcía de Arousa, o 19 de agosto; Covelo, o 29 de xullo; O Rosal, Salceda de Caselas, Tui, Valga, Vilaboa, A Illa de Arousa, 4 horas do 23 de decembro.

7. En cada centro de traballo a empresa exporá en lugar visible o calendario laboral pactado a nivel convenio ou o pactado polo propio centro de traballo.

8. Independentemente da xornada fixada, esta queda condicionada á que no seu momento se estableza polo convenio xeral da construcción.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión.