Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 19 de febreiro de 2002 Páx. 1.938

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0001332/1999, interposto pola Asociación de Profesores de Escolas de Idiomas de Galicia.

En cumprimento da resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, sección primeira, pola que se amplía o recurso número 01/0001332/1999, interposto inicialmente contra a orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 30 de abril de 1999 (DOG do 3 de xuño), á outra Orde, do 26 de xullo de 2001 (DOG do 17 de agosto), relativas ámbalas dúas ó Plan Experimental de Potenciación da Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras nos Institutos de Educación Secundaria, esta secretaría xeral, de conformidade co artigo 49 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, notifica a remisión do expediente ó citado tribunal e empraza as persoas interesadas na Orde do 26 de xullo de 2001 para que comparezan, no prazo de nove días, como demandadas no referido recurso.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2002.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria