Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 18 de febreiro de 2002 Páx. 1.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARBO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión con data do 28-12-2001, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente as modificacións puntuais do PXOM, e condicionado as observacións realizadas nel pola Subdirección Xeral de Estradas no seu informe do 14-9-2001, redactadas para o efecto polo arquitecto municipal Teodoro de Francisco Antes, que se refiren ós seguintes ámbitos:

-Plan parcial industrial SRAU-3 en Barcela.

-Núcleo rural de Rozas-Sela.

-Rueiro delimitado polas vías PO-400, Miguel Dávila, primeira travesía Antonia Tovar e rúa en proxecto.

Segundo.-Publica-la aprobación definitiva no DOG e no BOP; neste último a normativa e as ordenanzas, e remitirlle á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda unha copia autenticada do expediente administrativo completo e dous exemplares das modificacións debidamente dilixenciados.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, significando que contra o citado acordo, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o Pleno da Corporación municipal, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do último dos anuncios no DOG ou no BOP. Contra a resolución do recurso potestativo de reposición poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se é o caso, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación da resolución. Se a resolución non fose expresa, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a desestimación por silencio administrativo.

Así mesmo, poderase interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo citado sen necesidade de interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Arbo, 11 de xaneiro de 2001.

Manuel Rivera Domínguez

Alcalde