Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 18 de febreiro de 2002 Páx. 1.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2002, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva de osíxeno, polo procedemento aberto mediante concurso.

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, da Consellería de Sanidade e Ser

vicios Sociais, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, convoca os seguintes concursos públicos:

Nº de expediente: C.P. 12/2002 área sur e C.P. 13/2002 área norte.

1. Obxecto: subministración de osíxeno medicinal con destino ós centros dependentes desta xerencia.

2. Orzamento total 24 meses: 60.083,22 (IVE incluído) área sur e 49.041,60 (IVE incluído) área norte.

3. Prazo de entrega: entregas sucesivas subordinadas ás necesidades dos centros.

4. Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento base de licitación.

5. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

6. Solvencia económica, financiera e técnica: acreditarase segundo o punto 4.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Xerencia de Atención Primaria; rúa México, 26-1º andar, 36204 Vigo. Teléfono: 986 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

9. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26-4º, 36204 Vigo), antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo no xeito indicado no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa de México, 26-6ª planta, de Vigo, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso público será por conta dos seus adxudicatarios.

Vigo, 1 de febreiro de 2002.

Ángel Martín Santos

Director xerente de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo