Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 18 de febreiro de 2002 Páx. 1.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 19/2001.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

Expediente 19/2001 (subministración sucesiva de balóns para o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela).

1. Nome e enderezo do servicio: contratación administrativa. A Choupana s/n 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 62. Fax: 981 95 09 85.

2. Modalidade de adxudicación elixida (no caso de procedemento negociado, xustificación): concurso aberto e ordinario.

3. Data de adxudicación do contrato: 29-11-2001.

4. Criterios de adxudicación do contrato.

a) Oferta económica: ata 50%.

b) Calidade dos materiais: ata 40%.

c) Servicio técnico da subministración: ata 10%.

5. Número de ofertas recibidas: 11.

6. Nome e enderezo do provedor ou provedores:

NomeEnderezo

Boston Scientific Ibérica, S.A.Avda. Diagonal, 640-6º D. 08017 Barcelona

Guidant, S.A.Estr. Fuencaral-Alcobendas, km 5,700. 28108 Alcobendas (Madrid).

Sumcyl, S.L.Vía de la Cierva, P-150. 15890 Santiago de Compostela

7. Se é o caso, natureza e cantidade dos productos subministrados por cada provedor: nº de referencia da CPA: CPV: 33141210.

LoteConceptoCantidadeProvedor

1Balón de dilatación coronaria de baixa complianza245Boston Scientific Iberia, S.A.

2Balón de dilatación coronaria de baixa distensibilidade245Guidant, S.A.

3Balón de dilatación coronaria de media complianza125Boston Scientific Iberia, S.A.

4Balón de contrapulsión intraaórtico80Sumcyl, S.L.

8. Prezo ou gama de prezos (mínimo/máximo) pagado(s):

LotesPrezo unitario de adxudicación

1707,39 eu (117.700 ptas.)

2715,20 eu (119.000 ptas.)

3707,39 eu (117.700 ptas.)

4913,53 eu (152.000 ptas.)

9. Se é o caso, valor parte do contrato que pode ser obxecto de subcontratación a terceiros: no.

10. Outras informacións: ver servicio do punto 1.

11. Data de publicación do anuncio do contrato no Diario Oficial das Comunidades Europeas: DOCE: 1-9-2001; DOG: 24-9-2001; BOE: 13-9-2001.

12. Data de envío do anuncio: data envío ó DOCE 25-1-2002.

13. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais da comunidades europeas (reservado á OPOCE).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, e pode ser impugnada na vía contencioso administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2002.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela