Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 18 de febreiro de 2002 Páx. 1.917

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 30 de outubro de 2001, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica resolución de contrato por renuncia de Argentina Fernández da Vila.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle a Argentina Fernández da Vila resolución de contrato, dictada polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data 30 de outubro de 2001, ó abeiro do disposto no Decreto 70/1997, do 14 de marzo, de estructura orgánica do IGVS (modificado polo Decreto 258/1999, do 17 de setembro), que literalmente di:

«Vistas as actuacións practicadas en relación á adxudicataria, en réxime de compravenda, Argentina Fernández da Vila, tendo en conta os seguintes feitos.

1. Que segundo carta de adxudicación do día 11-8-1987, con data 2 de xuño de 1987, foille adxudicada, pola Comisión Provincial de Vivenda, a Argentina Fernández da Vila, en réxime de compravenda, a vivenda de protección oficial de promoción pública, situada na rúa Torrecedeira nº 73, piso 5º B, en Vigo-Pontevedra, do expediente PO-83/450, conta 12.

2. Con data do 22-5-2001, foi requirida para o pagamento dos recibos pendentes correspondentes á devandita vivenda polo importe de 1.967.211 pesetas.

3. Con data do 29-10-2001, a interesada asinou acta de comparecencia renunciando á propiedade da devandita vivenda así como á solicitude de amortización anticipada presentada o día 19-6-2001.

Fundamentos de dereito.

I. É competente para resolve-lo presente procedemento o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en virtude do disposto no Decreto 70/1997, do 14 de marzo, de estructura orgnánica do IGVS (modificado por Decreto 258/1999, do 17 de setembro).

II. Os feitos expostos constitúen causa suficiente para declara-la finalización do contrato de compravenda, por renuncia do propietario.

III. Na tramitación deste expediente observáronse as normas vixentes contidas no Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial, e na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

RESOLVE:

Acepta-la renuncia presentada por Argentina Fernández da Vila e, en consecuencia, declara-la finalización do contrato de compravenda con recuperación da vivenda, sen prexuízo de practica-la liquidación que corresponda.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, de conformidade co previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e modificacións introducidas pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Pontevedra, 30 de outubro de 2001. José Manuel Iglesias Carrera. Delegado provincial».

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 30 de outubro de 2001.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente administrativo: PO-83/450.

Nome: Argentina Fernández da Vila.

Enderezo: Torrecedeira nº 73, 5º B.

Concello: Vigo.