A Comisión de Goberno, na súa sesión ordinaria que tivo lugar o día 6 de novembro de 2001, acordou aprobar inicialmente o proxecto de estudio de detalle de predio sito en Camiño de Asperón, promovido por Ramón Iglesias Maceiras (expediente 50/2001.PED), o cal queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.
Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido, comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, e presenta-las alegacións que coiden coinvenientes.
Ó mesmo tempo e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, que se ignore o lugar de notificación dalgún ou intentada esta, non se puidese practicar, sirva este anuncio de notificación, coa finalidade e alcance que se recollen no punto 4 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Arteixo, 3 de xaneiro de 2002.
P.D. (Decreto 587/1999)
María Isabel Vila Vilas
Primeira tenente de alcalde