Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 18 de febreiro de 2002 Páx. 1.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 22 de xaneiro de 2002, acordou aprobar inicialmente o proxecto de reparcelación da UA 7-As Viñas, promovido por Ana Pardo López e outros (expediente 02/2002.REP), o cal queda sometido a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido, comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Ó mesmo tempo e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, que se ignore o lugar de notificación dalgún ou, intentada a esta, non se puidese practicar, sirva este anuncio de notificación, coa finalidade e o alcance que se recollen no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 6 de febreiro de 2002.

María Isabel Vila Vilas

Alcaldesa accidental