Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 18 de febreiro de 2002 Páx. 1.921

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de concurso.

O Concello de Cambre incoou expediente de contratación para a adxudicación, por concurso, da asistencia para a redacción de proxectos de obras, dirección técnica destas e execución da expropiación dos bens e dereitos afectados para a súa execución.

-Orzamento:

a) Por redacción de proxectos: 4% sobre o orzamento de execución material de obra.

b) Por redacción de proxectos baseados nunha memoria valorada: 3% sobre o orzamento de execución material da obra.

c) Por dirección de obras: 4% sobre o orzamento de execución material da obra.

d) Por dirección de obras cando tamén se redactase o proxecto: 2,4% sobre o orzamento de execución material da obra.

e) Por asistencia na tramitación de expedientes expropiatorios: 4% sobre a valoración dos bens ou dereitos expropiados, realizada polo adxudicatario e conformada polos técnicos municipais.

O anuncio de licitación publicouse no BOP nº 33, do 8 de febreiro do ano no que andamos.

Os interesados poderán obter información e consulta-los pregos no Departamento de Contratación, no primeiro andar da casa do concello, e presentar alegacións ós pregos no prazo de oito días, de conformidade co establecido no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

O prazo para presenta-las proposicións e demais documentación será de oito días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cambre, 9 de febreiro de 2002.

P.D. (R.A. 23-7-1999)

Augusto Rey Moreno

Primeiro tenente alcalde